Asociación "Lares Unidos" de Vilarmosteiro
Blog da Asociación de Veciños e Cultural "Lares Unidos" das Parroquias de Vilarmosteiro e Neira (laresunidos@gmail.com) http://laresunidos.blogspot.com (www.vilarmosteiro.tk)
lunes, septiembre 04, 2006
Hemeroteca do San Victorio
Antes de ser creada Lares Unidos tivo no ano 98 o San Victorio un feio relevante ó vir Sito Mariño .Os carteles foron pegados o 25 de Agosto de 1998 e este foi o último que quedou.
Eran ramistas meu Pai e Misteiro .Foi unha das festas máis grandes en facía moito tempo .
Aqúi queda esté último cartel como recordo para a "Hemeroteca dos Soños "
EXITO DE LARES UNIDOS NO SAN VICTORIO :
Por primeira vez na súa historia as Festas do San Victorio foron organizadas desde a Asociación de veciños "Lares Unidos " de Vilarmosteiro e vividas na Parroquia como un Gran Éxito da Asociación despois de igualarense as cuotas e ter a nosas propias contas bancarias baixo o CIF da Asociación o que xenerou maior confianza na xente á hora de dar as cuotas e a organización democrática de todas as actividades .
A próxima actividade será a Comida da Santa Eufemia ( o día 16 ) de confraternización da Parroquia e para o Outoniño a posible compra do solar do Cemiterio .
Hoxe presentamos o Escudo da Asociación que é o que está no Retablo da Igrexa de Vilarmosteiro composto por tres estrelas e unha coroa, que foi adoptado como símbolo da Asociación pola Xunta Directiva reunida o 1 de Setembro 2006 .
COMUNICADO DE LARES UNIDOS LIDO DURANTE O SAN VICTORIO
Vilarmosteiro a Luns día 28 de Agosto de 2006
A “XUNTA DIRECTIVA “ da Asociación de Veciños “Lares Unidos” de Vilarmosteiro e Neira en primeiro lugar queremos :
Saudar a toda a xente que está esta noite con nós de fóra da parroquia esperando contar coa súa visita para o próximo San Victorio e Agradecer a todos os veciños das Parroquias de Vilarmosteiro e Neira a boa acollida que tivemos ó ser este ano o primeiro que como sabedes facemos a festa a través da nosa Asociación e que se manifestou nas boas cuotas que se recaudaron e na que a gran maioría colaborou como se esperaba .
Así tamén queremos informarvos de que o día da Santa Eufemia Sábado 16 de Setembro , celebraremos a Comida de Confraternización na honra da nosa Patrona.
As tarxetas para a comida xa se poden retirar nos seguintes lugares :
1.No Felipe
2.No Santas e na
3.Oficina do Banco Pastor do Páramo
A esta comida poderá acudir libremente toda aquela persona que retire a súa tarxeta .
Esperamos contar con todos os Veciños .
Ese mismo día todos os veciños que queiran poderán facerse socios de pleno dereito da Asociación á hora da Comida ,polo que non vos olvidedes de traer o Carnet de Indentidade ( DNI) ou o de Conducir .
¡Gracias a todos e Hasta Sempre !
martes, julio 04, 2006
Lares Unidos convoca de novo a Asamblea Electoral
Lares Unidos convoca a Asamblea Electoral para o día 4 de Xullo do 2006
viernes, junio 30, 2006
Ubicación no Monte Queimado
Estas son duas fotos da posible ubicación do Cemiterio no Monte Queimado
(+pincha)
martes, junio 27, 2006
A ASOCIACION DE VECIÑOS “LARES UNIDOS” DE VILARMOSTEIRO E NEIRA CONVOCA :
ÓS VECIÑOS DAS PARROQUIAS DE NEIRA E VILARMOSTEIRO A ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN QUE TERÁ LUGAR ESTE VENRES 30 DE XUÑO DO 2006 DIANTE DA PELUQUERÍA ( CASA RAMIRO) ÁS 22:00 HORAS
PUNTOS A TRATAR :
1.Elección da Xunta Directiva da Asociación por votación libre en Asamblea ás 22:00 horas en Primeria Convocatoria e ás 22:30 en Segunda Convatoria e simultáneamente inscripción dos asistentes que queiran como socios de pleno dereito .
2.Adaptación dos Vellos Estatutos á Nova Lei Orgánica 1/2002 do 22 de Marzo de Asociacións e modo de organización interna da Asociación .
3.Compra dun solar cerca do “ Monte Queimado” para Cemiterio (para recibir subvencións públicas para esta obra necesitamos un terreno propio )
4.Posta dos cartos do San Victorio nunha conta a prazo fixo baixo titularidade da Asociación e reservar unha pequena cantidade para gastos de funcionamento da Asociación (para cartas e selos , compra dun cruño , etc )
5. Pago dos gastos de taxas de fundación e libros ó socio fundador (100 € aproximadamente )
¡ Esperamos contar contigo para facer da nosa parroquia un exemplo de convivencia e diálogo !